13 mar 2008

A Cultura pre(o)kupa


De ningures, ou do silencio máis absoluto e violento, sae un anaco de libertade e compromiso na cidade das metades a medias. Un espazo liberado, un espazo por liberar. Co seu nacemento volven á miña memoria as imaxes dunha Corunha atlántica, sen torres nin falos. Unha Corunha femia, pero non feminizada, de portas abertas ao absoluto e frío mar.
Okupar é, ou pode ser, tomar o corpo para sí e para os que forman a nosa corporeidade íntima. Agrupar e conxugar toda unha serie de forzas, expropiar á máquina capitalista do suor de moitos de nós, que de tanta rixidez estamos xa inmobeis.
Comprometerse ca vida de cada un de nós e facela máis habitable: destripar o monstruo: a primaveira.
O 14 de marzo comeza no barrio unha historia que xa pertence ao acontecer. Falando dela non lle facemos ningún ben. Hai que okuparse dela.
Animo!!

No hay comentarios: