25 abr 2008

Balcadelia

Tamén o malgusto (fixádevos nas tipas que acompañan sempre aos líderes postbalcánicos, tipo Eugene Hütz ou o Shantel mesmo) pode ter o seu punto de trasgresión. Gostaríame atopar un artista capaz de darlle ese aire liberador ao flamenco, non si?? (co perdón de Enriquinho Morente...)



É ben certo que nunha cidade condenada á imitación e fraudoplexia textil non podería haber outro lugar onde a música balcánica prendese a mecha. A rúa do Vista. Para cando teremos aberto o bar Toñito?? Non ves que tanto baranda pola cidade adiante non pode facer nada bo!!!

Baro Foro Encore

1 comentario:

manuel cebral dijo...

quizá sexa esta movida balcánica, este estilo rumano-búlgaro-etc. o verdadeiro estilo que nos queda aos europeos, o auténtico, o bo, o definitivo.. quero dicir, pode ser este o gran estilo, precisamente, pola ausencia de estilo, o des-enfado, a liberdade, un verdeiro nomadismo. Dende goran gregovich e emir kusturika esta xente está a amosar un humor único, básico, que non carga con nada enriba, grado cero, potencia sen órganos da cultura, que non pode ser a súa vez caricaturizado, porque xa é puro rirse de si mesmo... orixe e fin da nosa europa, quizais sexa este o corácter do porvir...