14 may 2009

O teatro resoante ataca de novo

Dor, nihilismo, baleiro, negatividade, segundo momento da dialéctica hegeliana, escisión, desgarramento, poténcia absoluta do proceso, o misterio de compostela, da enerxía telúrica de galicia, das fadas e das meigas, das gárgolas e das bestas, as súas razóns, o arrinconamento do racionalismo-idealismo-romanticismo, 2ª performance de o teatro resoante. Compostela!! (o espírito de Hegel).



"O Eu non ten un contido que el distingue de si, pois el é a pura negatividade ou o acto de escindirse; é conciencia. Ese contido na súa diferenza tamén é o Eu, xa que é o acto de suprimirse a si mesmo, ou esa mesma pura negatividade que é o Eu" Hegel, Fenomenoloxía do Espírito.

Por Man_Hauser, via http://proxectoderriba.org/

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Alégrome porque che repercutira dalgún modo; supoño que ver as imaxes de compostela, a carga dramática da temática... te entra a morriña; ou algo así... aproveito para deixarte este enlace: http://www.youtube.com/watch?v=6OkKRf4HrUA&feature=related en relación con iso que pós de cómo as universidades matan a creatividade... mira tamén a primeira parte que aparecerá ao carón na canle you tube. Apertas e saudade, hauser sevillano.

Unknown dijo...

Esta preocupación miña pola pedagoxía ten moito que ver (e facer) cos proxectos que levan anos agardando unha oportunidade e tal vez comecen a fructificar en cádiz en pouco tempo.
A xente de TED ten cousas moi interesantes, ainda que ás veces hai un forte tufo pijo-yanki que será moi similar ao tufo sevillo-capillita pero en versión Illinois.
Apertas hauserianas.