Mostrando entradas con la etiqueta morte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta morte. Mostrar todas las entradas

14 dic 2007

Petit mon amour

Hai un par de días que se fala do Orzán nos xornais e telexornais do estado. Unha morte. Normal. A morte sempre é noticia. Alcohol, ceas de empresa, a muller lonxe, o mozo tamén, imos dar unha volta que así non che vou a ningures, anda que mira as ondas, vaite saber ti que máis e unha moza de 32 aniños morta por... festa, droga, falta de sentidiño, ir cun par de cagóns... borrachos coma cubas.
As mortes do mar son moitas, e cada unha leva a súa dor. O mar, dinamo incrible, de fauces insaciabeis coñece ben as bágoas de nais, pais, irmáns de mariñeiros que nunca volveron (algúns nin sequera mortos) desa boa tempada no Gran Sol.
E mentres o Manolo vai e lle mete lume ao bar. Manda carallo! Os do Orzán somos así. Duros e paspanes. De lombo forte, capaces tamén de "esconxurar" ca merda do caballo nos oitenta e tirar p'adiante con catro vellas putas, desas de postal.
Descanse en paz Petit mon amour!