Mostrando entradas con la etiqueta napoli. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta napoli. Mostrar todas las entradas

21 may 2009

Napule rind'u core


Tardes na praza, co pasar do tempo ao carón, fóra dun mesmo. Peroni. I frattelli paura. Napoli. Rind'u core. Napoli. Per me.

7 mar 2009

O chofer de Drácula

Segundo parece, ou iso afirma unha chuzada que acabo de ler, a metade das especies de morcegos atópanse na Galiza. Ben, non podo máis que lembrar algúns morcegos autóctonos, deses que afirman con desfachatez no seu facebook que ainda están de troula despois de catro días de licor café, ou esoutros máis apocadiños que un atopa nalgúns bares sorbendo os licores coma sirope antitusivo. Pero os morcegos que máis me teñen feito dubidar da sua real natureza nocturna ou vampírica non son galegos, senón que pertencen ás máis remotas e asoballadas nacións desta terra (con iso non afirmo que a nosa exángüe nación non o sexa): os sarracenos forcellianos (napuletà cummpà) e os bereberés (imazighen myfriend).
Entre os rifeños que gardo nun lugar entre o peito e o carallo (ben sei que non é no corazón) na mourada da concupiscencia feroz, hai un moi especial que frecuenta as rúas do Albayzin noite tras noite, que percorre a rúa Elvira con desgana aparente, que asemella o curmán de Lucky Luke, que ten nome de guerra, e de morte. Bagdag. O Badi. O auténtico chófer de Drácula. Onde quera que esteas, amigo. Que o ron te salve da Galiza e das súas xentes!