Prezado amigo,
estou abraiado pola escalada de ataques contra a túa persoa e os teus intereses. Estou igualmente abraiado (cunha proporcionalidade quimérica) polos numerosos e intelixentes "piropos" á túa persoa por parte dos sectores ben-pensantes da cidade. Eu non deixo de ser un cidadán máis, que traballa a esgallo por catro duros pero con inquietudes persoais máis aló da ropa de marca ou o sexo pagado. Desde aquí e por sempre quero deixar claro que:
-NON debemos permitir a criminalización da cultura nin dos modos de vida que eleximos libremente.
-NON debemos asumir estas accións como procesos impersoais propios do sistema narcocapitalista.
-SI debemos exercer toda a presión posible sobre os actores e ideólogos deste tipo de accións.
-SI debemos aproveitar a nosa posición persoal para publicitar e deconstruir estas agresións, apropiándonos dos medios dos que dispoñemos: www, rúas, voces, traballo.
Unha aperta moi forte. Vémonos estes días.
Asinado,
David Alfonsín Lareo
http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2008/01/18/0003_6490458.htm
http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pRef=2641_2_159349__A_Coruna_/_Metro-Denunciados-veinte-clientes-Orillamar-consumir-droga