Mostrando entradas con la etiqueta coliseum. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coliseum. Mostrar todas las entradas

16 may 2008

Manu!, manu?... bueno, no contestas... te mando un fax


Poderíamos antropomorfizar a nosa malpocadiña cidade na voz masculina que, no primeiro disco do francés-noria chama e rechama para rematar desesperadiña mandando un fax, a non se sabe que autoridade (se cadra empresarial ou adhoclítica) para reclamar a presenza ou, a lo menos, a voz dun home que fixo posible un dos nosos máis prezados bens: a festa total.
Aquela sala ateigada de xentes boquiabertas, na época na que na Coruña había sitios apestosos e mugrentos onde un podía partir unha cella sen ter que dar explicacións a alguén engarabatado que o trata "de vostede", sufriu os acordes multiinstrumentais dos Mano Negra alá polo 90 e pico. Desde entón os coruñeses máis rabudos queríamos a Manu Chao de novo ao pé da torre. Fomos a Compostela (algúns non fomos porque xa estábamos, é o que ten a vangarda...) e fomos a Lalín. A Vigo, a Vilagarcía,... ata algúns estivemos en Madrid, en Granada ou en Toulousse, Roma ou Verona.
E Manu nada... que se non eran os Testigos de Xehová (mira que lles tiña algo de tirria e vai ti a saber de que carallo era) eran os politiquiños de turno cas súas "aes" e "eles", a mín que a única "ele" que endexamáis me conquistou foi a da miña moza, cando bate palmas co seu arte gaditano e lle digo: eeelleeeee!!, pero nada. Manu que nada.
A xente do T.e.s.m.a. que remataba cas garimbas e Manu nada, a vella tropa do Parrús, esnaquizados moitos pola mala droga (os da boa seguimos en pe, vedes??), as xentes do Toñito veña a tirar e tirar dos fíos, as do Pata, os do Atreu, e nada. Manu que nada.
Pero foi. Ou será (a ver, porque hoxe suspendeuse un dos concertos de Monforte).
Isto non é unha crítica musical nin unha reseña dun concerto posible (para iso preme aquí Isto e un berro de desesperación, dunha cidade que, antropomorfizada en adolescente poshippie pecharía os puños nun calentón de mp3da e cun sorriso de mil demos diría:

Me cago en Diós Manu, que xa vale. Tocas ou que??

Co Pato (manuchaísta profesional) en Chiapas e o Manu (patoísta amateur) na Coruña, hai que ver o que ven pola Malegría.