14 dic 2007

Petit mon amour

Hai un par de días que se fala do Orzán nos xornais e telexornais do estado. Unha morte. Normal. A morte sempre é noticia. Alcohol, ceas de empresa, a muller lonxe, o mozo tamén, imos dar unha volta que así non che vou a ningures, anda que mira as ondas, vaite saber ti que máis e unha moza de 32 aniños morta por... festa, droga, falta de sentidiño, ir cun par de cagóns... borrachos coma cubas.
As mortes do mar son moitas, e cada unha leva a súa dor. O mar, dinamo incrible, de fauces insaciabeis coñece ben as bágoas de nais, pais, irmáns de mariñeiros que nunca volveron (algúns nin sequera mortos) desa boa tempada no Gran Sol.
E mentres o Manolo vai e lle mete lume ao bar. Manda carallo! Os do Orzán somos así. Duros e paspanes. De lombo forte, capaces tamén de "esconxurar" ca merda do caballo nos oitenta e tirar p'adiante con catro vellas putas, desas de postal.
Descanse en paz Petit mon amour!

1 comentario:

Anónimo dijo...

por favor dime que tes fotos do local!!
o luminoso da porta era incrible e me gustaria moitisimo poder recordalo.

se tes algunha foto ou sabes onde conseguila por favor contacta comigo

fbaf_10@hotmail.com

moitisimas gracias!!