A Feira ofrece un modelo de autoxestión no que os diferentes asociacións, creadores independentes e interesados en xeral poden desenvolver o seu traballo. É o resultado dun proceso de decisión e investimento cooperativo dos participantes na procura de solventar as condicións precarias nas que se atopan.
A Feira aspira a crear a conxuntura que xere un salto cualitativo no tecido creativo e cultural dunha zona relativamente determinada: a comunidade galega, ou máis especificamente, en torno ao seu eixo atlántico.
A súa vez, a Feira plantéxase como espacio de convivencia: entre o tradicional e o contemporáneo, entre a tecnoloxía e a ecoloxía, entre o rural e o metropolitano. Que aspectos de cada un permanecen, subsisten e resisten no outro? De que maneira poden resoar ambos paradigmas e pechar un mesmo circuito? Isto dá lugar ao que chamamos antropoloxía imaginária.
A Feira cuestiona porén a forma de producir, usar e consumir cultura. Achega o limite que separa a Teoría do espectáculo, o creador do consumidor, reformulando o sentido d@ usuari@ cultural e a súa potencia xerativa.
Fonte http://www.oteatroresoante.es/feira/feira.html, TiddlyWiki do evento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario