25 nov 2010

Obradoiros Cultura Contemporánea: 3-4 setembro, Fundación Luis Seoane. A Coruña.

Os días 3 e 4 de setembro a Universidade Invisibel organiza na Fundación Luis Seoane uns obradoiros de cultura contemporánea. Aquí tedes o programa:

OBRADOIROS CULTURA CONTEMPORÁNEA
venres 3 decembrosábado 4 decembro
10 - 12 hVJ historia do cinemainstalación POPMETRÓPOLIS
Ergosfera
12 - 15 harte sonoro & fonografía
17 - 19 hcontra as cartografías
Proxecto Derriba
charlas sobre produción cultural
vari@s invitad@s
19 - 21 h
21 hsesión DJ & VJ
bar
concerto Iku Lobi Ocha

A cuestión da produción cultural

A produción cultural está a ser clave na mudanza cara o CAPITALISMO COGNITIVO. Interésanos estudar cómo se está transformando o ámbito da produción cultural, qué novos actores ntran en xogo, qué novas formas de productividade se orixinan... As licencias abertas, a proliferación de recursos (tecnolóxicos moitas veces), a noción de comunidade de traballo, o papel das subxectividades, etc. definen un novo escenario no que se verán sumerxidas as próximas xeracións. Escenario emerxente mais tamén inestábel e precario. Todo isto obríganos a observar, analizar e reformular continuamente as nosas condicións e relacións.

Destacamos a intervención de Man Hauser co seu proxecto O teatro resoante, proxecto de innovación pedagóxica. Velaquí tedes un trailer do montaxe do primeira parte "A caverna de Platón":


Depto. de Filosofía I.E.S. Fernando Blanco / A caverna de Platón / TEATRO RESOANTE from el sur se mueve on Vimeo.



Historia do cinema e o cinema como historia.

misturamos en directo imaxes-fragmentos da Historia do cinema e producimos discurso (en off) sobre as mesmas. En sala escura. Na procura das resonancias que nos fagan ver con perspectiva o acontecemento da pantalla. Tamén analizamos as imaxes, o seu réxime e os seus signos, o seu con-texto creativo, seguindo sobre todo os textos de Imaxe-movemento e Imaxe-tempo de Gilles Deleuze. Outras influencias clave: Artaud, Godard, os propios cineastas cos que traballamos e comentamos. Expoñemos basicamente en torno a dúas temáticas: O específico do cinema e A crise da imaxe-acción. O taller termina abrindo un coloquio entre os asistentes cun espazo de edición e consulta web taller sobre cinema media-wiki cos enlaces dos fragmentos proxectados e moitos outros a disposición e comentados. Máis información detallada acerca dos contidos aquí (dossier de contidos). Por teatro resoante.


Máis info en: http://www.invisibel.net/mocidade.html

No hay comentarios: